Concello de Alfoz
SÁBADO 21 SETEMBRO: SUPERCOROZA. NA EIRA E NA LAREIRA

SÁBADO 21 SETEMBRO: SUPERCOROZA. NA EIRA E NA LAREIRA

12/Setembro/2024

SUPERCOROZA, protagonista de Na Eira e na Lareira, é salvagarda do noso: da nosa xente,  da nosa lingua, música, contos e tradicións. O seu superpoder é a recuperación da tradición e procura a transmisión cultural a través da música, baile, contos… dun xeito ameno, divertido e participativo.

Os contos e as cancións en Galicia servían para transmitir o calendario agrícola e os mitos dunha xeración a outra e o galego foi o seu vehículo de transmisión. A importancia da lingua nesta transmisión resulta fundamental dado que hoxe sabemos que as distintas linguas permiten costruír mentes distintas, polo tanto, a idiosincrasia das persoas que viven en Galicia e a súa tradición oral non sería o mesmo se non fora en galego, por iso tamén a necesidade de falalo e protexelo.

Neste espectáculo cantarase e contarase como se facía de antigo, para que estas historias e cancións poidan seguir transmitíndose de xeración en xeración, ofrecendo unha xanela única ao noso pasado colectivo.

Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO