Concello de Alfoz
PRESENTACIÓN E FALADOIRO CON ALBA DÍAZ GEADA EN ALFOZ

PRESENTACIÓN E FALADOIRO CON ALBA DÍAZ GEADA EN ALFOZ

10/Abril/2025
O próximo sábado 19 de abril ás 19:30 horas, achegádevos á Casa da Cultura de Alfoz para descubrir “Uma história pequena da Galiza Rural (1939–1982)”, da man da súa autora, Alba Díaz Geada. 

Veciña de Adelán, no concello de Alfoz, Alba é historiadora e investigadora especializada na análise dos cambios sociais no rural galego. É autora de varias publicacións, entre elas “Mudar en Común: Galiza 1959–1982”, baseada na súa tese de doutoramento, recoñecida con varios premios. 

As súas liñas de investigación inclúen: historia agraria e social, movementos sociais, cambio social e cultural, franquismo e transición á democracia. Entrada libre ata completar aforo.
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO