ATLÁNTICA FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL EN ALFOZ, 4, 10 E 11 DE XULLO.
02/Xullo/2021
O concello de Alfoz estréase como sede do Festival Atlántica e acollerá espectáculos os días 4, 10 e 11 de xullo.
A narradora Raquel Queizás será a encargada de innaugurar esta edición en Alfoz, e farao co espectáculo “Onda min” o domingo 4 de xullo ás 20:30 horas. Este espectáculo é unha escolma de historias dirixidas a público infantil e familiar que a artista escoitaba cando ía buscar o caldeiro de berberechos cando era rapaza.
O 10 de xullo será a quenda de Quico Cadaval, que co repertorio de contos “Autoestradas e corredoiras”, dirixido a público adulto ás 20:30h.
A clausura virá da man de Manuel Gago, xornalista, escritor e comisario de exposicións, que ofrecerá a conferencia musicada “Heroes que dormen, heroes que resisten, herores que mudan”. Historia e música porán fin ao Festival Atlántica en Alfoz o domingo 11 de xullo ás 20.30 horas, coa colaboración dos músicos Mano Panforreteiro e Teresa Jareño.
O programa completo podese consultar na páxina web do festival, a través da cal tamén se poden reservar as entradas e onde se actualizará a información con respecto ao acceso aos espectáculos.